PLAN INFORMATICA GALEGA
?En qué consiste o Plan Informática Galega?
A nosa intención non ? outra que facer chegar a todos; profesionais e empresas os nosos servizos ofrecendo todo os medios para garantir a presenza do seu negocio dunha forma dinámica e efectiva en Internet, a través da seguinte promoción:
- Rexistro ou traslado de dominio (.com, .es, .net, .info, .org, .eu)
-
Deseño de Sitio Web Básico:
- Presentación
- Productos e Servizos
- Mapa de Situación
- Contacto
- 500 Mb para Aloxamento Web e Correo
- 2 Contas de correo electrónico
- Estadísticas de Visitas
Os textos e gráficos serán achegados polo usuario onde os únicos procesos que realizaremos sobre os mesmos serán exclusivamente os necesarios para unha correcta visualización na web, e serán entregados en formato dixital preferentemente por e-mail aínda que podería ser de forma presencial en formato CD/DVD ou dispositivos USB.
¿Cales son os custos e as condicións?
Sendo conscientes da situación actual pola cal estamos a pasar todas as empresas de todos os sectores, a nosa proposta entendemos que é moi suxestiva e ao alcance de todos para que ningún quede fora
Os custos:
- O primeiro ano : 0,00 ?
- O segundo ano : 75 ? IVE engadido, que se fará efectivo antes de rematar o mes 11 dende a data de inicio do contrato.
O primeiro ano asumimos todos os custos que xera o inicio do Plan.
Pódese estudar algo especial no caso de necesitar unha web máis avanzada que integre outras prestaci?ns adicionais e servizos profesionais, partindo da base que o prezo habitual son 300 € + IVE o primeiro ano e 150 € + IVE o segundo e sucesivos. Para este tipo de peticións poñemonos a disposición de calquera que desexe ampliar información ou avaliar outras opcións.
As condicións:
- Este Plan ten unha vixencia de 2 anos cunha permanencia no mesmo por ese tempo (2 anos), salvo cesamento de actividade da empresa motivo da web.
- Na parte inferior da web deberá levar unha referencia a Informatica Galega ou o seu Distribuidor mediante unha ligazon con un pequeno logo.
- A propiedade do dominio rexistrado ou trasladado quedará a nome de Informática Galega mentres non se faga efectivo o pago do segundo ano, instante no cal será transferida dita propiedade ao cliente así como os datos de acceso ó panel de aloxamento e o usuario de administrador para a modificación dos contidos da web. En caso contrario quedará bloqueado durante a vixencia do Plan (2 anos) que unha vez rematado estará dispoñible para o seu rexistro por parte de quen está interesado de acordo coa normativa vixente en canto ao rexistro de dominios en función da extensión correspondente (.com, .es, .net, .info, .org, .eu).
- Ao rematar o período de vixencia do Plan valorarase a renovación dos servizos en función sempre dos intereses individuáis ou colectivos, segundo o caso chegado o momento.
- O prazo de entrega dos datos correspondentes ás contas de correo e publicación da web será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á entrega por parte do cliente de toda a documentación (textos e gráficos) que se vaia a publicar na web, se unha vez entregada a mesma o cliente decide cambiala e o contido a modificar supera o 25% do total, o prazo anteriormente indicado verase incrementado en 10 (dez) días hábiles por cada cambio que solicite.
- En caso de solicitar que fagamos nos algún tipo de modificación deberá de solicitar orzamento por escrito a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con un mínimo de 10€ por intervención ainda que dependerá sempre do traballo a realizar, somos flexibles neste aspecto, consúltenos.
- Unha vez publicada a web o cliente terá dereito a solicitar durante o primeiro ano de vixencia as claves de acceso para xestionala él mesmo e os seus contidos, momento no cal deberá abonar os 150€ do plan.
- A partir do primeiro ano e unha vez abonado o Plan calquera tipo de cambio e/ou ampliación facturarase de acordo coas tarifas vixentes que se informarán previamente mediante orzamento ao e-mail de contacto facilitado no momento de adhesión ao Plan.